Aula da Natureza de Cotorredondo

Actividades para Educación Especial.-

Aula da Natureza Cotorredondo

Dirixida a:

Grupos pertencentes a centros de educación especial, diminuídos físicos, psíquicos e sensoriais, e en xeral a calquera grupo con características especiais, xa sexan temporais ou permanentes.

Obxetivo:

Nesta actividade se quere propiciar que ós colectivos de persoas con algunha ou algunhas diminucións ou discapacidades físicas, psíquicas ou sensoriais, teñan o contacto, por outra parte necesario, co medio natural cos rodea.Consiste nunha charla no Parque da Natureza e un itinerario ambiental por unha zona adaptada as características do grupo

Duración:

90 minutos, aínda que pode variar en función das características concretas de cada grupo.

Os responsables do grupo terán que indicar con anterioridade á visita a duración, o número de participantes, e características especiais.

Realizase todo o ano de luns a venres.

Normas de Visita

 

Mapa do Sitio | Política de Privacidad | Contacta con nos | ©2006 - Teixugo S.Coop.Galega - Cotorredondo.net