Aula da Natureza de Cotorredondo

Actividades

Aula da Natureza Cotorredondo

Programa Educativo
Actividades destinadas a grupos organizados

Dirixida a grupos organizados, pertencentes tanto ó sistema educativo como a calquera outro colectivo que o demande. Para a realización das actividades é imprescindible a colaboración do profesorado.

Este deberá infundir unha motivación previa n@s alumn@s, non considerando as actividades como simples excursións de esparcimento e diversión, senón explicándolle ós seus alumn@s as características do lugar onde vaise realiza-la actividade, así como cal é o obxectivo da mesma.

Os responsables do grupo terán que indicar con anterioridade á visita a duración e actividade elixida, o número de participantes, e características especiais, de ser o caso (cadeiras de rodas, escaiolas, cegos, xordomudos, etc.).

Os responsables do Programa, informarán do contido da visita e as características da mesma, duración, e posibilidades de adaptación a grupos e demandas específicas. Así mesmo facilitarán o asesoramento e materias necesarios para a prolongación do proceso educativo, previa e posteriormente á visita.

Normas de Visita

Lista de actividades

Mapa do Sitio | Política de Privacidad | Contacta con nos | ©2006 - Teixugo S.Coop.Galega - Cotorredondo.net