Orientación na natureza

Dirixida a grupos de educación primaria, educación secundaria, formación profesional, formación ocupacional. 

Duración: Aproximadamente 150’ . Durante todo o curso escolar. De luns a venres 

Obxectivos: Aprender a interpretación de planos, usos do compás, orientación mediante sinais da natureza, orientación nocturna, nocións de supervivencia na natureza, alimentación, refuxio e primeiros auxilios, equipamento básico, etc. 

Desenvolvemento: Consiste nunha charla no Parque da Natureza e un itinerario ambiental de orientación.