Inicio

No Parque da Natureza de Cotorredondo e a Lagoa Castiñeiras, desenvólvese dende fai trinta anos un Proxecto de Educación Ambiental e Interpretación do Patrimonio, aberto durante todo o ano.

Dirixido a grupos organizados, pertencentes tanto ó sistema educativo como a calquera outro colectivo que o demande.

Os grupos (centros escolares, asociacións, concellos, etc) que desexen participar nas actividades educativas da Aula na Natureza, deberán concertar a visita previamente.