Aula da Natureza de Cotorredondo

AULA DA NATUREZA DE COTORREDONDO

Aula da Natureza Cotorredondo

A Aula da Natureza

A Aula da Natureza de Cotorredondo, no Parque da Natureza do Lago Castiñeiras, é un Equipamento de Educación Ambiental aberto durante todo o ano, no que se pode atopar información sobre os distintos itinerarios e actividades a realizar no contorno do Parque, así como explicacións sobre os valores naturais e patrimoniais da zona. Os grupos organizados (centros escolares, asociacións, concellos, etc) que desexen participar nas actividades educativas da Aula da Natureza, deberán concertar a visita previamente..

Parque da Natureza do Lago Castiñeiras

O Parque da Natureza do Lago Castiñeiras está situado no outeiro do monte San Xulián, en Cotorredondo (Pontevedra).

Parque del Lago de Castiñeiras.....Mamoa do Rei - Lago de Castiñeiras - Cotorredondo

Emprazado na zona central da Península do Morrazo, pertence a dous termos municipais: Concello de Marín (na parte Norte) Concello de Vilaboa (cara ó Sur) Ocupa na actualidade unha superficie de 70 Ha, e se atopa a unha altitude media de 400 m. sobre o nivel do mar. No parque existen interesantes xacementos arqueoloxicos do periodo Megalítico e da Idade do Bronce, como mámoas e petroglifos, que conforman o chamado “Chan de Castiñeiras”, presidido pola “Mámoa do Rei”, unha das máis grandes de Galicia, recentemente restaurada

Mapa do Sitio | Política de Privacidad | Contacta con nos | ©2006 - Teixugo S.Coop.Galega - Cotorredondo.net