Sendeiro lonxitudinal de 8.000 metros.
Parte da necrópole megalítica de Chan de Castiñeiras cara a necrópole de Chan de Armada rematando en Chan de Arquiña. O percorrido discorre en paralelo á estrada de Cruz da Maceira e oferta unha visión xeral do megalitismo do centro da Península do Morrazo, con 14 túmulos funerarios en distinto estado de conservación ademais das tres mámoas recentemente restauradas.
A dificultade e media, con tramos non accesibles e o camiño irregular.