Actividade dirixida a grupos de educación infantil, escolas infantís e preescolares.
Duración: Variable en función das características do grupo. Aproximadamente entre 90’ e 120´. Durante todo o curso escolar. De luns a venres.
Obxectivos: Esta actividade quere propiciar un primeiro acercamento á natureza para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos.
Desenvolvemento: Consiste nunha charla no Parque da Natureza e un itinerario ambiental.