Centro de Recuperación

O CRFS de Pontevedra, que estaba no parque de Cotorredondo, trasladouse ás novas instalacións de Carballedo.

Teixugo non ten ningunha relación con este Centro de Recuperación.

Os Centros de Recuperación de Fauna Silvestre de Galicia son instalacións da Consellería de Medio Ambiente para rehabilitar os animais salvaxes que son atopados en calquera lugar da xeografía galega enfermos, feridos, ou en necesidade de coidados especiais.

Na Comunidade Autónoma de Galicia existen catro Centros de Recuperación de Fauna Silvestre (CRFS), un en cada provincia. Cada un deles se encarga da rehabilitación de toda a fauna silvestre enferma ou ferida recollida na súa provincia. 

O CRFS de Pontevedra, que estaba no parque de Cotorredondo, trasladouse ás novas instalacións de Carballedo.

CRFS de Carballedo (Pontevedra)
Teléfono: 606 656017
Chan, s/n. Carballedo – Cotobade
Pontevedra

Centros de Recuperación de Fauna Silvestre