PR-G 106. Sendeiro recentemente homologado, lonxitudinal, de 10.500 metros.
A cabeceira da ruta parte do Lago Castiñeiras e percorre a ladeira que baixa cara á desembocadura do Río Maior, en San Adrián de Cobres. No sendeiro podemos observar unha gran tipoloxía de bosques de ribeira e un conxunto de muíños recentemente restaurados.
Pode realizarse tamén en sentido ascendente, partindo de San Adrián e con chegada no Lago Castiñeiras.
Dificultade media e tramos puntuais de dificultade media-alta, camiño irregular e tramos non accesibles.