Ruta circular, cunha lonxitude de 1.500 metros.
O seu percorrido cubre a parte central do Parque da Natureza e amosa os distintos microsistemas forestais, zonas recreativas, o Lago e os mananciais que o alimentan, ofrecendo unha visión global do proceso de rexeneración ambiental e os diversos usos do Parque.
Algunhas zonas puntuais non son moi accesibles pero en xeral o camiño e bo e a dificultade baixa.