Actividades de Educación Ambiental
Dirixida a grupos organizados, pertencentes tanto ó sistema educativo como a calquera outro colectivo que o demande.
Para a realización das actividades é imprescindible a colaboración do profesorado. Este deberá infundir unha motivación previa nos participantes, non considerando as actividades como simples excursións de esparcemento e diversión, explicando as características do lugar onde vaise realizar a actividade, así como cal é o obxectivo da mesma.
Os responsables do grupo terán que indicar na solicitude a actividade elixida, número de participantes, curso ou idades e características particulares de ser o caso (cadeiras de rodas, escaiolas, diversidade funcional, etc.).
Actividades
- Encontros coa natureza
- O bosque
- Humanidade e natureza a través do tempo
- Itinerarios ambientais estacionais
- A Lagoa Castiñeiras
- Os rastros do bosque: pegadas, rastros e sinais.
Normas da Visita
- Grupos dun máximo de 25 persoas (posibilidade de 2 ou 3 grupos simultaneos)
- Recoméndase preparación previa
- Levar calzado e roupa cómodos, axeitados ó monte e as inclemencias meteorolóxicas
- Recoméndase levar roupa de abrigo
- Non arrincar plantas, flores nin follas
- Non molestar os animais.