Dirixida a grupos de educación primaria, educación secundaria, formación profesional, formación ocupacional
Duración: Aproximadamente 120’ . Durante todo o curso escolar. De luns a venres
Obxectivos: Nesta actividade apréndese a recoñecer, identificar e conservar os rastros e sinais dos animais do Parque de Cotorredondo.
Desenvolvemento: Consiste nunha pequena charla e realización dun itinerario ambiental polo Parque da Natureza na busca de rastros de animais, así como introdución ás técnicas de recollida e conservación.