Trátase dunha ruta circular, cunha lonxitude de 500 metros, sendo a máis curta das opcións da rede de rutas do parque.
Desenvólvese perimetralmente ó Lago Castiñeiras e o parque de xogos infantís. Permite un achegamento ó proceso de rexeneración ambiental do lago e as súas especies máis características.
Resulta moi accesible, con bo camiño e dificultade baixa.