Ruta lonxitudinal, de 3.500 metros, que partindo do Parque da Natureza leva á cima do Monte San Xulián, Cotorredondo.
Permite, ó longo do percorrido, contemplar unha panorámica xeral do Parque da Natureza e o seu contorno. A medio trazado existe un miradoiro sobre a Enseada de San Simón e a cabeceira da Ría de Vigo. A ruta finaliza no miradoiro de Cotorredondo, cunha panorámica excepcional das tres Rías Baixas e as Serras da Provincia.
E unha ruta polivalente que permite facela seguindo a estrada ou ben acurtala empregando o cortalumes que atopamos na metade do percorrido, ou incluso facela en coche.
A ruta e accesible, con camiño bo e dificultade baixa, exceptuando a opción do cortalumes no que o camiño e irregular, non accesible e con dificultade nese tramo media-alta. O miradoiro tampouco e accesible.
Existen fontes en varios puntos do trazado.